CONCEPTUALIZACIÓN DO MODELO DE NEGOCIO

Existen multitude de ferramentas que axudan a visualizar unha idea de negocio. Cada emprendedor elixe as que máis se adaptan ás súas necesidades e ao sector no que traballen. Algunhas das máis coñecidas e utilizadas son:

  • CANVAS: No lienzo do negocio resúmese os puntos principais dun modelo de empresa. Xirando en torno á proposta de valor da idea, dividimos o panel en dúas partes: na da dereita sitúase a relación co contorno (relación cos clientes, distribución, segmentos de clientes e, por suposto, fontes de ingresos), e na da esquerda, a estrutura interna da empresa (actividades clave, recursos, partners e, claro, estrutura de custos). É unha ferramenta que convén revisala periodicamente para comprobar que seguimos o rumbo que fixáramos ao principio da nosa vida empresarial… Ou, ao mellor, resulta beneficioso modificalo adaptándoa ás necesidades actuais.

  • MAPA DE EMPATÍA: empresas hai moitas; produtos, millóns; e a loita por conseguir clientes -ao fin, unha empresa nace para vender-, cruenta. Para axudarnos a cubrir adecuadamente as necesidades dos nosos clientes e, así, posicionarnos e garantir os ingresos, existe o mapa de empatía. Consiste en poñerse no lugar dos nosos clientes potenciais, analizalo e descubrir que está a buscar.

  • MAPA DE POSICIONAMENTO: utilizando dous factores claves para o sector (pode ser precio e calidade, variedade e especialización, etc.), situamos os nosos competidores. É unha forma áxil e eficaz de identificar “océanos azuis”, aquel espazo onde a competencia é menor.

  • CURVA DE VALOR: outra ferramenta sinxela que nos axuda a identificar unha proposta de valor diferente con respecto aos competidores. Na curva de valor, a diferenza do mapa de posicionamento, téñense en conta o maior número de factores diferenciadores posibles.

  • PROPOSTA DE VALOR: e despois de realizar o mapa de posicionamento, a curva de valor e o mapa de empatía, resulta convinte enlazar a nosa proposta cos nosos clientes potenciais. Serve para comprobar se, en principio, a idea de negocio cubriría axeitadamente as necesidades dos consumidores aos que nos diriximos.

QUE VOS OFRECE O VIVEIRO?

Empezar é difícil e, como somos conscientes disto, dende o viveiro ofrecémoslles aos emprendedores dous tipos de servizos fundamentais:

  1. Asesoramento: tanto por parte do profesor especialista en Formación Profesional, como por especialistas que avalían a viabilidade técnica e económica do proxecto e titorías/acompañamento por parte do coordinador do viveiro.
  2. Instalacións: 2 despachos completamente amoblados; equipos informáticos, servizos de internet, telefonía, fax…; gastos de mantemento incluidos.

E todo isto, completamente GRATIS!

 

 

Quen non emprende e por que non quere!

REQUISITOS DE ACCESO AO VIVEIRO

No noso viveiro temos á vosa disposición dous despachos completamente equipados, sala de reunións e sala de espera. Quen pode facer uso do viveiro?

  • Alumnado matriculado en formación profesional, artes plásticas e deseño, ensinanzas superiores de deseño, ensinanzas artísticas superiores, ensinanzas deportivas, bacharelato ou en Educación Secundaria para Adultos (ESA).
  • Persoas que remataran nos últimos 4 anos os estudos anteriormente citados.
  • Poden acceder empresarios individuais ou equipos emprendedores, segundo a forma xurídica elixida.

PREPARANDO O ERASMUS+

Dende o IES Armando Cotarelo estamos a preparar a documentación e o proxecto que nos permitirá incorporarnos ao programa Erasmus+. O noso obxectivo é favorecer a empregabilidade dos nosos alumnos, fomentar a aprendizaxe de linguas e, sobre todo, axudarlles a dar unha visión global do mundo laboral e empresarial. Seguiremos informando!

O valor do emprendemento na carreira profesional

EMPRENDER NON É UNHA OPCIÓN, É UNHA OBRIGA

Baixo esta premisa partiron as intervencións de Enrique Gómez, técnico do IGAPE, e Jesús Diéguez, emprendedor no sector da consultoría.

 

 

 

 

 

Ante alumnos das familias de Administración, Comercio e Informática, explicaron como está evolucionando a vida laboral e como o emprendemento vai formar parte da carreira profesional da maior parte de nós… Explicaron as dificultades coas que se atopa o emprendedor, pero tamén as opcións e oportunidades que convirten o traballo nunha paixón.

 

 

 

Así que, aprender a emprender!

UNHA EXPLICACIÓN VISUAL DOS DIFERENTES TIPOS DE MÁRKETING

A tira cómica do márketing explica deste xeito tan atractivo e efectivo en que consiste cada clasificación do márketing:

https://scontent-mad1-1.xx.fbcdn.net/v/t1.0-9/26219526_168042827298109_115447404295033224_n.jpg?oh=d6d52a2f984add871061da0020598054&oe=5AF81562