EMPRENDENDO NO COTARELO

PASEN… E USEN

Ola! Somos o Viveiro do IES Armando Cotarelo Valledor de Vilagarcía de Arousa . Apoiamos con forza a mozos emprendedores, que teñan unha idea e que queiran poñela a proba. Organizamos talleres e conferencias, titorizamos modelos de negocios, axudamos nos trámites… O noso obxectivo é animar a futuros empresarios eliminando o maior número de trabas posibles. Xa é unha ardua tarefa emprender como para ter que afrontar dificultades de máis!

Dicía Mark Twain, “un home cunha nova idea é un tolo…, ata que esta triunfa!”