Viveiro de
Empresas
IES COTARELO

Servizos

Acabas de rematar os teus estudos de FP e queres emprender?

Pásate polo Viveiro de Empresas do Cotarelo

Emprender é moi difícil (ou iso din algúns)

Vale, sabemos que non es Jeff Bezos nin Steve Jobs, pero iso non quere dicir que non poidas emprender.
“É que… non teño experiencia”
Normal, se acabas de rematar os teus estudos. Pero a experiencia é un requisito que piden en moitos traballos por conta allea. Que tal adquirila por ti mesmo?
“É que… non teño cartos para investir”
Non pasa nada, no Viveiro traballamos con Lean e metodoloxías áxiles para pórte en marcha co mínimo. E axudámoste a tramitar subvencións e axudas de diferentes administracións.
“É que… non sei se a miña idea é boa”
Contámosche un segredo: iso non o sabe ninguén. Mentres non poñas a túa idea a proba, non sabes se funcionará. Por iso axudámoste a estruturar a túa idea de negocio e validala.
“É que… emprender é moi difícil”
Menos do que pensas, a verdade. E, tal e como está o mercado laboral, o autoemprego é unha posibilidade que no deberías desbotar. Vas ter axuda en cada paso do camiño, tanto no enfoque do teu proxecto como no momento de darlle forma legal.

E se te convertes no teu propio xefe? Así é emprender no Cotarelo:

Deixamos que uses as nosas oficinas, os nosos equipos e a  nosa conexión á Internet pola cara.

Axudámoste a elaborar un plan de empresa empregando a metodoloxía Lean para centrarte nos puntos importantes.
Contámosche que subvencións, axudas ou financiación para emprendemento xuvenil, e axudámoste cos trámites.
Buscamos contactos, socios e mentores interesados na túa idea para que te acompañen no camiño.
Localizamos asesores especializados para que pulan o proxecto e o deixen ben guapo para sair ao mercado.
Poñémoste en contacto con redes empresariais galegas para que coñezas outros proxectos interesantes.

Só hai un requisito para convertirse en viverista: a túa implicació

No Viveiro de Empresas do IES Cotarelo vas atopar apoio, acompañamento, asesoramento e recursos deseñados para apoiar o emprendemento xuvenil.

E apoio moral, que cando comezas fai boa falta 🤗

Pero ten moi claro que o teu proxecto é teu: non podemos facelo por ti.

Se vés con azos de traballar e non te asusta probar cousas novas, estás no sitio axeitado.

Escríbenos e porémonos xuntos a elo. ¡Imos pasalo ben!

7 pasos cara o éxito

Anímaste a pór a proba o teu proxecto? Este é o plan:

1

Cubre a ficha de inscrición

2

Instálate no Viveiro (que si, que é de balde)

3

Crea o teu plan de empresa (axudámoste, don’t worry)

4

Publicita nas túas redes o proceso, a asistencia a eventos e a formación… ¡así imos creando hype!

5

Constitúe a empresa (non somos unha xestoría, pero te asesoramos cos trámites)

6

Consegue os primeiros clientes, a facturar!

7

Queda no Viveiro ol tempo que precises para consolidar o teu proxecto