Viveiro de
Empresas
IES COTARELO

Como impulsar o teu emprendemento en TikTok + 4 estratexias

Table de contenido

A rede social TikTok empezou un pouco de cachondeo… pero se te fixas, cada vez hai máis contido estratéxico. É dicir: moita xente úsao para promocionar a súa marca persoal ou impulsar o seu emprendemento. 

Aínda que os seus vídeos virais mesturan absurdo e humor, non é o único que triunfa nesta rede social. Resulta que esta aplicación ama os emprendedores e as novas ideas de negocio.

Estás listo para coñecer que pode facer pola túa marca?

QUE É TIKTOK E POR QUÉ É O LUGAR CORRECTO PARA IMPULSAR O TEU EMPRENDEMENTO

Case seguro que non fai falla nin explicar que é TikTok porque damos por feito que tes a túa propia conta.

Pero por se acaso. 

TikTok é unha app e rede social que vén da China, onde se lla coñece como “Doujin”, que significa “sacudir a música”. A idea orixinal era grabar, editar e compartir vídeos moi curtos, de uns 15 segundos (agora xa se poden facer máis longos), normalmente con bailes e audios reciclados. 

Como adoita ocurrir coas redes sociais novas, a rapazada fíxose rapidamente tiktoker… pero xa é habitual atopar millennials e mesmo boomers facendo o pallaso cos seus vídeos, ou contando batalliñas en forma de storytime

E claro, as empresas que están máis rápidas viron o filón. Se estás creando un proxecto emprendedor, por que non o aproveitas? 

TikTok interésache se: 

  • O teu produto ou servizo está pensado para un público mozo. Ten en conta que este perfil está cambiando (xa ves que a media de idade dos usuarios vai subindo) pero de momento esta afirmación mantense. 
  • Queres crear unha marca persoal máis ou menos rápido. En TikTok, en xeral, hai que dar a cara, así que podes convertirte en alguén moi recoñecible. 
  • Es quen de combinar información con entretemento. Nin se te ocurra vender directamente (de isto falaremos máis adiante). O segredo do éxito en TikTok é o humor e a rapidez. Se non entretén, non vale. 

AS VANTAXES DE TIKTOK FRONTE A OUTRAS REDES SOCIAIS

Vale. 

Xa sabes que tes que promocionarte en redes para dar a coñecer o teu negocio, marca ou emprendemento.

Agora toca saber que a diferenza doutras redes sociais. Por que TikTok e non, por exemplo, Instagram?

Público masivo

En 2020 TikTok foi a segunda aplicación máis descargada do mundo. Só no primeiro trimestre, dous mil millóns de descargas. India,  a China e Estados Unidos son os países onde máis se emprega, pero hai moito mercado hispanofalante. 

Ten un engagement máis alto

Os tiktokers son activos. Cando algo lles gusta faino notar: comentan, comparten, crean vídeos de reacción ou de resposta… Este compromiso activo é o que en marketing se coñece como engagement. Mentres que Instagram, Twitter e YouTube ten un engagement medio de 4,7, o de TikTok é do 29. 

Pouca montaxe

O 99,9% dos vídeos que se suben fanse integramente co smartphone. Case sempre a propia persoa grábase a si mesma e, despois, fai o proceso de edición dentro da app.

Se es un pouco torpe coas ferramentas de edición, é xenial porque non precisas nada moi pro. De verdade, o sistema de edición é “para tontos”. Facer un vídeo é moi, moi doado.

Certo é que hai usuarios que o curran moito e fan verdadeiras xoias, normalmente con programas de edición externos ou pluginns. Pero sen saír da app xa tes moitas posibilidades.

Hai poucos creadores de contido

(Disclaimer: aínda)

Aínda que hai moito público, non hai moita competencia en temas de emprendemento. Investiga outras contas que se dediquen ao mesmo que ti e desmárcate con vídeos diferentes para atopar o teu propio espazo.

Mentres noutras redes máis asentadas a competencia é brutal, en TikTok aínda é relativamente doado posicionarte. 

Sen investimento

Aínda que TikTok permite insertar publicidade, non a precisas para comezar a gañar seguidores cos teus vídeos. Non tes que mercar nada, non precisas contratar a ninguén que grabe os vídeos. Para un negocio que empeza, isto é unha oportunidade que non se pode rexeitar.

Se o dos cartos é un problema (e adoita selo para un emprendedor novato), aquí dámosche algunhas ideas para emprender con poucos cartos. 

CLAVES PARA TRIUNFAR EN TIKTOK EN CHEGAR AO «PARA TI»

Unha das revolucións de TikTok con respecto a outras redes como Instagram ou Twitter é que empeza a soltarche contido dende o minuto un. 

Noutras tes que ir creando o teu muro a base de seguir a xente que che interesa, pero TikTok prefire amosarte vídeos (ao principio a ollo) para ir aprendendo o que che gusta e o que non. Iso é a sección “Para ti”. 

E plantarte nesa sección é o teu obxectivo. Estes son algúns tips para conseguilo:

  • Define o teu tema. Non fales un día de cociña e outro de maquillaxe. Así ao algoritmo de TikTok resúltalle máis doado recomendarte.
  • Coida o copy (o texto) da descrición e usa hashtags relacionados co teu emprendemento: #emprendedores #smallbussiness #ecofriendly. A información é un elemento diferenciador para o algoritmo
  • Publica como mínimo unha vez ao día. A mellor hora para facelo é de 14 a 22 horas. Este dato é xeral, pero fai as túas propias probas para ver como reaccionan os teus seguidores. 
  • Súmate ás tendencias, revisa a páxina de buscas para ver que está de moda e únete ao hashtag. Reutiliza audios que están de moda (pero nomea o creador, por favor).
  • 4 ESTRATEXIAS PARA IMPULSAR O TEU EMPRENDEMENTO

    Se tes un nicho de negocio claro, e queres iniciarte en TikTok, o primeiro é abrir unha conta.

    A continuación, na sección Administrar Conta, escolle Cambia a túa conta a Pro. Deste xeito, accedes a ferramentas profesionais como estatísticas e podes usar a segmentación axeitada. 

    E agora deixámoste 5 estratexias básicas para xerar contido estratéxico:

    Estratexia 1: Crea contido chamativo e divertido

    Os usuarios de TikTok interésanse polos contidos creativos, orixinais, alegres e chamativos.

    Escapa de vídeos típicos ou moi elaborados, e aposta pola naturalidade e a espontaneidade. O “cutre” en TikTok suma, non resta. Nunca perdas de vista o humor e, por favor, non copies. Se te inspiras en alguén, recoñécelle o mérito. 

    ¡Ah! E pon toda a carne no asador nos primeiros cinco segundos. Se non captas aí a atención, o usuario deslizará o dedo para ver o seguinte vídeo. 

    Estratexia 2: Fai que todo teña sentido

    Sumarse ao último bailecito de moda ou aos trends do momento é moi apetecible… pero lévao sempre ao teu terreo. 

    Que todo, todo, todo o que grabes e compartas teña que ver co teu obxectivo, e responda a un interese da túa audiencia. 

    Facer contido polos loles está ben de cando en vez, pero ten claro que o teu é aportar valor e demostrar que sabes do que estás falando. 

    E para iso, o mellor é poñerte obxectivos SMART tamén na túa estratexia de TikTok.

    Estratexia 3: Relaciónate

    Ao fin, estamos nunha rede social. 

    Responde comentarios, comenta ti a outros, reacciona a vídeos que te chamen a atención, fai duetos… O algoritmo de TikTok tamén se pon contento con estas cousas, e o engagement cos teus seguidores subirá como a espuma. 

    Ademais, localiza a xente que te interesa e colabora con ela. Se podedes compartir audiencia e conseguir medrar mutuamente, xenial. 

    Estratexia 4: Fuxe do clikbait

    Hai trucos baratos que poden reportarche beneficios a curto plazo, pero que xa aburren. 

    Colar un “agarda ata o final”, e que ao final non pase nada…

    Contar unha historia interesantísima e cortala cun “sígueme para a parte 2”…

    Veña, podes facelo mellor que iso. 

    PUBLICIDADE NATIVA: O TRUCO PARA VENDER SEN VENDER

    Se estás disposto a pasar por caixa, TikTok tamén permite facer publicidade. 

    Se tes claro o tipo de público ao que te dirixes, pode ser interesante, porque ademais é un formato que aínda non está saturado. Por suposto que atopas publicidade no teu feed, pero é doado de obviar e non resulta demasiado molesta. 

    Hai varios tipos de anuncios dependento do teu orzamento e obxectivo: Top View, Brand Takeover, anuncios in-feed… 

    Porén, onde destaca TikTok é no seu uso da publicidade nativa. É dicir: anuncios que non parecen anuncios. Anuncios que apetece ver, e que mesmo se convirten en virais de forma orgánica. 

    Unha estupenda forma de conseguilo é usando branded content. “Colando” o produto ou servizo nunha publicación de forma que non resulte forzado. 

    Se traballas a túa marca persoal e tes unha comunidade e un ton conseguido, mesmo é posible que as marcas vaian buscarte a casa. Valorarán moito que saibas plantexar un contido para a túa audiencia sen que esta se sinta “atacada” ou mercantilizada. 

    Mira por exemplo este anuncio de esperansagrasia. A que non notas a diferenza con outros vídeos seus?

    @esperansagrasia

    Cuando te pides el nuevo McFlurry de Crema de Cacahuete en EEUU vs España #ad

    ♬ Música para Tiendas, Restaurantes, Negocios y Cafeterías – Musica de Fondo

    VAS USAR TIKTOK NA TÚA ESTRATEXIA DE MARKETING? SACA O TEU LADO CREATIVO PARA DÁRLLE UN IMPULSO AO TEU EMPRENDEMENTO

    Se o teu público potencial está en TikTok. é hora de abandoar as excusas e a vergoña. Aquí hai moitas oportunidades para o teu emprendemento. E ademais o podes pasar en grande aproveitándoas!

    E se buscas escenario, pregúntanos. Asesorámoste para lanzar o teu proxecto emprendedor e cun pouco de sorte nos lías para saír no teu próximo TikTok.

    Comparte:

    Facebook
    Twitter
    Pinterest
    LinkedIn