Viveiro de
Empresas
IES COTARELO

7 negocios para mozos emprendedores (que podes montar con pouco investimento)

Table de contenido

Sabemos que todos os comezos empresariais son incertos, así que che propoñemos 7 suxerencias de negocios para mozos emprendedores que podes iniciar con pouco investimento.

Como non vas gastar moito neles, non lamentarás cambiar de actividade se non funcionan tal como esperabas ou se descubres que non che motivan co paso do tempo.


Como conseguir os cartos precisos para comezar un negocio para mozos emprendedores

As ideas que che propoñemos son sinxelas e para poñelas en marcha precisas moi pouco efectivo.

Por iso, unha gran opción é pór en marcha o teu primeiro negocio en grupo, creando unha cooperativa xuvenil con outros compañeiros cos que repartir gastos. Só precisades 300 € iniciais para a súa constitución.

Neste caso, é mellor que algún dos compoñentes sexa dunha rama diferente para ser máis operativos e complementarios, como sucede nos xogos de rol.

Un exemplo: se ides crear unha cooperativa dedicada a servizos informáticos, abride o grupo a alguén que estudara algo relacionado con Administración e Empresas. Iso permitirá que uns vos dediquedes en exclusiva á parte técnica, mentres que a facturación e as chamadas recaian en alguén a quen se lle dea mell or.

Pé: Cada un o seu superpoder

E por último, ten en conta que emprender en España implica que te deas de alta como traballador autónomo. Non te preocupes: o primeiro ano a cota é moi asequible.

Ademais pola túa idade, tes axuda extra. No Viveiro de empresas IES Cotarelo indicámosche onde podes dirixirte para beneficiarte de subvencións e financiación á túa medida.

Características que debe ter o teu primeiro negocio

Antes de decidir sobre que tipo de emprendemento desexas pór en marcha, ten en conta que vas dedicarlle moitas horas do teu día para que saia adiante.

Así que non perdas de vista estes consellos:

  • Escolle algo que te motive. Unha actividade que che guste de verdade, che apaixoe e sexa case un hobby para ti. Cal é o tema do que poderías falar durante horas sen cansarte? Pois por aí van os tiros. 
  • Coñece a actividade. Debes ter conñecementos técnicos da tarefa que vas convertir en negocio. Certo é que podes empezar dende cero, pero será moito máis complicado. Parte do que xa coñeces. 
  • Valida a túa idea. Nin se che ocurra darte de alta na Seguridade Social sen comprobar antes que o teu proxecto ten posibles clientes interesados e que hai un oco para ela no mercado. Se non sabes como, no Viveiro de empresas do Cotarelo axudámoste a plantexar unha validación coa metodoloxía Lean Startup. E máis cousas, claro: mira todo o que podemos facer por ti. 
  • Diferénciate. Dálle un enfoque diferente á túa actividade. Atopa ese “algo” único que só ti podes ofrecer: iso é a túa proposta de valor. Busca, busca, que seguro que hai algo. 

7 negocios para mozos emprendedores que requiren pouco investimento

Se aínda non sabes a que podes dedicarche, estas son as nosas 7 ideas para mozos emprendedores para as que (case) non precisas investimento.

Todas as propostas inclúen algúns coñecementos informáticos e a obrigatoriedade de darte de alta como autónomo.

1 Cursos online

Seguro que tes algunha habilidade especial: debuxas ben, fas uns vídeos estupendos en TikTok ouse che da xenial o macramé. Pois ben, podes convertilo nun medio de vida se creas un curso para ensinar como se fai dende cero.

A aprendizaxe online non para de medrar, como o demostra a forte implantación das plataformas Hotmart ou Domestika no mercado español ou Crehana no latinoamericano.

Por suposto, podes montar a túa academia online do que queiras: programador informático, clases de elaboración de muffins e cupcakes… Hai mercado para (case) todo, se es bo no teu.

Simplemente súmate a algunha plataforma ou crea a túa propia páxina web ofertando os teus cursos… e lánzate ao mundo do infoproduto. 

Iso si, antes de investir asegúrate de que hai mercado. Mira o catálogo de servicios do Viveiro de empresas, que temos un montón de recursos para axudarte.  

2 Personal trainer

Pensa no confinamento do 2020 e na que se liou con todo o mundo facendo exercicio na casa (ou tentando, polo menos).

As estatísticas do smartwatch Suunto indican que os entrenamentos aumentaron tras o confinamento, e de maio do 2020 a xaneiro do 2021 entre o 74 e o 78 % dos seus dispositivos rexistraban actividades deportivas. Un incremento de case o 10% respecto ao periodo anterior ao confinamento.

Facer deporte é xa unha prioridade. As listas de tracks sempre inclúen unha columna na que rexistrar o exercicio físico, pero non todos os interesados dispoñen de vontade, nin coñecementos precisos para realizalo con garantías.

Se estudiaches Educación Física ou practicado algún deporte dende a infancia, podes elaborar táboas de exercicios e facer o seguemento a persoas sedentarias que precisan camiñar a diario por prescrición médica.

Podes crear na túa cidade varias quendas con grupos de persoas que precisen camiñar e motivalos con novas rutas cada día.

Ou podes dar o servizo a domicilio, así que aforras todos os gastos de montar un ximnasio aberto ao público. 

Pé: Tampouco fai falta que leves estas pintas

En realidade, hai unha gran demanda de servizos a domicilio: peluquería, cociña, servizos informáticos… Cada vez imos peor de tempo e agradecemos que nolo leven á casa. 

3 Vendedor de segunda man

É probable que coñezas a varias persoas ou familiares que teñen o seu armario repleto de prendas de fai anos. Pois ben:  o mercado xuvenil ten unha alta demanda deste tipo de roupa, porque supón ter pezas exclusivas e cun certo valor hipster

Proponlles aos teus coñecidos que che doen a súa ropa antiga e, a cambio, ti axúdaslles a ordear o armario ao estilo Marie Kondo. Co tempo, podes profesionalizalo convertíndote en intermediario e levar unha comisión por venta.

Cun simple smartphone podes facer boas fotos, e montar unha web con personalidade propia non é difícil. Para iniciar as túas primeiras ventas, non terás que investir en mercadoría. Así que cun dominio e un aloxamento para a túa superweb poderás empezar a rodar.

Mesmo nos inicios podes prescindir da web e ter o teu propio escaparate en Etsy, o marketplace mundial de artigos artesáns e vintage. (E, se non sempre quedará Wallapop ou plataformas similares).

Co engadido de que este é un negocio ecolóxico, co que a industria téxtil é a segunda máis contaminante do planeta.

Tamén podes dedicarte á venda de elementos etnográficos da túa zona -moi solicitados por casas rurais-, discos de vinilo para nostálxicos ou libros ilustrados de fai décadas. Todos teñen moito público. 

Se te vai o de rastrexar por mercadillos, quizais poidas convertilo nunha profesión viable.

4 Dropshipping

Isto é darlle unha volta de torca ao punto anterior, unha forma de profesionalizar aínda máis o teu papel de intermediario entre o produtor e o cliente. 

O dropshipping permíteche ter a túa propia tenda, pero deixando en mans de terceiros toda a parte do stock. É dicir, segundo chegan as vendas, faslle o pedido directamente ao proveedor, que llo envía directamente ao cliente. 

Nin adiantas cartos nin tes material almacenado que non sabes se vas vender.

Ventaxas hai moitas: pouco investimento, pouca infraestrutura, catálogo de produtos case infinito, flexibilidade na túa ubicación…

Pero non é ouro todo o que loce, tamén tes que ter moito coidado ao escoller proveedores, porque se cometen un erro é moi posible que teñas responsabilizarte ti (e, ademais, dáche maala imaxe). 

E, ademais, as marxes de beneficios adoitan ser pequenos, así que precisarás dun gran volume de ventas, agás que vaias a un mercado moi especializado.

5 Asistente virtual

Aínda non es emprendedor, pero en canto o sexas daraste conta dunha cousa: o tempo é un ben escaso. Hai mil cousas que facer e costará chegar a todas sen axuda.

Se es un as da organización, tes don de xentes, gústache a parte administrativa e dominas a ofimática, o éxito do teu negocio pode ser axudar a outros emprendedores.

O asistente virtual é un secretario que traballa de modo online. Leva a axenda, responde emails, realiza a facturación, faise cargo dos cobros e atende as chamadas dos clientes dunha empresa, entre outras funcións. 

Pero todo dende a súa propia oficina en casa. 

Pé: Isto fíxose de toda a vida, pero agora dende casa

Cada vez hai máis emprendedores que abren sos o seu negocio e deben centrarse en desenvolvelo, evitando tarefas que lles distraigan, polo que o perfil de asistente virtual está cada vez máis solicitado

Podes realizar este labor por conta allea –mediante contrato- ou como autónomo, dándolles servizo a varios clientes mensualmente.

6 Community Manager

Se pasas o día enganchado ás redes sociais e tes centos de seguidores que confirman que o tema se che dá ben, podes sacarlle unha rentabilidade extra traballando como community manager.

Como profesional do tema debes construír e xestionar a comunidade de seguidores das marcas ou empresas. Para o que precisas empatía, habilidades tecnolóxicas e preparación.

Darse a coñecer, organizar concursos ou anunciar produtos en redes é hoxe en día o novo método de promoción e moitos pequenos negocios non saben a quen acudir. 

Comeza visitando os comercios da túa localidade ou do barrio da túa cidade e proponlles a idea. Asegurámosche que vas atopar clientes interesados.

Ollo, que para levar as redes sociais dunha empresa precisas coñecemento do algoritmo das redes, para que as túas publicacións teñan repercusión. Como o mundillo dixital cambia moi rápido, debes estar sempre actualizado. 

E se xa lle sumas a capacidade de facer anuncios en redes sociais, pasaches á categoría de Social Media Buyer. Non é mala idea: os bos están moi solicitados. 

E outra cosa a ter en conta: reivindica o teu traballo. As empresas (as serias, polo menos) xa se deron conta de que non vale con encargarlle as redes sociais ao sobriño do xefe. Ser community manager é unha profesión en auxe, para quen a toma en serio.

7 Deseñador de páxinas web

Son moitos os negocios tradicionais que precisan dunha web para o seu salto online e non saben onde localizar un deseñador. 

A chegada de WordPress democratizou a creación de webs e se tes nocións de deseño e informática, así como gañas constantes de aprender, isto pode ser o teu.

Neste caso, non vai mal completar a túa formación con nocións de SEO.

Esta idea de negocio permíteche conseguir clientes por diversas vías, xa sexan as túas redes sociais, a túa web ou o tradicional boca a boca entre os coñecidos. 

En xeral, calquera negocio relacionado co marketing dixital é unha boa idea nestes tempos. Se che interesa o tema, fórmate a conciencia e lánzate ao mercado: precisas dun ordenador con conexión á Internet e pouco máis.

O investimento é mínimo e xa te dixemos que isto vai de arrancar con poucos cartos. 


Anímaste con algún destes 7 negocios para mozos con pouco investimento?

Xa ves que son só algunhas ideas, pero hai moitas máis que podes probar, xa sexa para vender produtos ou servizos.

Se traballas ben o proxecto, con pouco investimento podes pór en marcha o teu proxecto soñado. Porque para arrancar un negocio para mozos emprendedores o que máis se precisa son gañas. 

E un pouquiño de axuda, que non virá mal. Cóntanos a túa idea emprendedora e no Viveiro de Empresas do Cotarelo botámosche unha man.

Comparte:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn