Precisarías de que os días tiveran máis horas porque non chega coas que hai? Tranqui, pásanos a moitos. Ou pasábanos. Porque empregando algúns trucos conseguimos que o tempo rinda máis. Milagre? Non: só tes que coñecer as ferramentas de produtividade axeitadas.
Presentámoschas?
Que é a productividade y por que precisas ferramentas que te axuden a mellorala
Hai unha cousa que non ten discusión: o día ten 24 horas.
É o que hai. E nesas 24 horas suponse que tes que conseguir meter moitas cousas.
Réstalle 8 horas de sono. Xa estamos en 16. Pero aínda tes que comer, sacar o can, quedar cos colegas un pouco, ir mercar, facer un pouco de exercicio, ver a túa serie de Netflix…
Engádelle ir a clase e o tempo de estudo, e xa, a conta queda a cero… ou en negativo.
Uf.
Aí é onde nos poñemos dramáticos, eh? E preguntámoslle ao universo: ¿por que non temos días con máis horas?
Como é inútil laiarse ao vento, imos pór solucións.
Hai xeitos de conseguir que o tempo rinda máis. É cuestión de aumentar a productividade.
Productiviqué?
Productividade, que é como se lle chama no mundo da empresa á habilidade para sacarlle partido ao tempo.
A boa nova é que non estás só ante o perigo. Hai ferramentas dixitais moi útiles para axudarche a conseguilo.
Vantaxes de usar ferramentas dixitais para aproveitar (máis) o tempo
Partamos dunha cousa: o tempo non fuxe por un oco negro. Ese burato negro chámase mala xestión.
Polo tanto, imos falar do contrario: boa xestión do teempo. Poderiamos dicirche que mercaras unha axenda, pero como estamos no século XXI, ímolo facer con ferramentas dixitais.
Que é o que poden facer por ti? Todo isto:
- Axúdanche a organizar o traballo.
- Póñenche alarmas e recordatorios para que non esquezas cousas importantes.
- Organizan as tarefas por prioridades.
- Permiten compartir as tarefas con outras persoas e traballar en grupo.
- Conéctanse con outras aplicacións para que teñas todo sincronizado e en todos os teus dispositivos.
- Poden controlar o tempo que empregas en cada tarefa.
Todo iso e máis, dependendo da ferramenta que elixas. Hoxe imos amosarche algunhas das máis coñecidas e empregadas. Unhas máis sinxelas e outras máis completas.
Todas son de balde, polo menos para o máis básico. Despois xa cando sexas pro podes plantexarte pagar por ter máis funcionalidades, pero de momento, imos ao que non che vai custar nin un euro.
¿Queres máis? Ten, 9 aplicacións en versión gratuita que melloran o teu traballo en equipo.
5 ferramentas dixitais co as que vas estar in love
Un primeiro consello antes de comezar: non o flipes coas ferramentas e empeces a instalalas todas de golpe. Se te pasas, xestionalas tamén farache perder o tempo.
É moito mellor que che decidas por unha, que lle saques o máximo partido, e cando precises de máis funcionalidades vaias por outra.
Dito isto, imos ao lío.
1. Google Calendar
É a ferramenta máis universal e sinxela de manexar. O máis parecido a unha axenda que vas atopar.
Así que se queres empezar con algo sinxeliño, Google Calendar é unha boa opción. É dabondo con que teñas unha conta de Gmail para empezar a usala.
Podes crear varios calendarios á vez. Así tes un para o traballo, outro para as túas cousas persoais e outro para actividades familiares e de ocio, por pór un exemplo. E todo xéstionalo dende o mesmo lugar.
Tamién podes programar eventos e reunións, compartir os calendarios con outras persoas… E máis cousiñas que irás descubrindo.
E como é de Google, intégrase ben con practicamente todas as aplicacións, por se despois queres meterche con outra ferramenta máis.
2. Trello
É unha ferramenta que se basea no método Kanban.
Cando a instales, poderás crear taboleiros de traballo para organizar as túas actividades. O sistema é sinxelo:
- Creas columnas: por exemplo, tarefas sen facer, tarefas que estás facendo, tarefas feitas…
- Creas tarxetas: unha por cada tarefa.
É tan sinxelo como ir pasando as tarxetas dunha columna á outra, segundo vaian avanzando. Así sempre sabes como está todo nun só golpe de vista.
Trello é unha ferramenta moi intuitiva e permite compartir taboleiros cando teñas proxectos a medias con outras persoas.
3. Zoho Notebook
En vez de apuntar cousas en papeis soltos ou nun post-it, que se che poden perder, podes facelo nunha aplicación de notas
Hai moitas, seguramente oíras falar de Keep (tamén de Google) ou Evernote.
Pero nos tiramos á piscina e apostamos por unha moi completa e visual: Zoho Notebook. Permitéche tomar notas e engadir arquivos, imaxes, enlaces, audio, vídeo, redes sociais…
E podes tunear moito as notas, con listas numeradas, checklist, táboas, alarmas e máis cousiñas, para que non esquezas nada.
4. Toggl
Presentámosche ao Gardián do Tempo. Toggl é unha ferramenta-cronómetro para levar a conta do tempo que lle dedicas a cada cousa.
Porque, se falamos de tempos, cada minuto é importante.
Canto che levou tal traballo? Moito? Pouco?
Xa. E canto é para ti moito ou pouco tempo?
É importante concretar, sobre todo se te plantexas comezar un proxecto laboral. Saber canto tempo lle dedicas a cada traballo é basico para pór prezo á túa hora de traballo, poder facturar sen perder cartos.
Toggl permíteche crear proxectos e monitorizar canto tempo lle adicas a cada un. Non importa que sexan cinco minutos hoxe e dúas horas mañá. Ti activas Toggl e despois ves o total.
Así, tes unha visión real de canto invistes en cada tarefa. E podémosche adiantar que che agardan algunhas sorpresas…
5. Notion
Unha ferramenta para dominalas a todas: iso é Notion. E por iso é a que che recomendamos ao final.
Notion é 100% configurable, e por iso é unha das máis prácticas. Tamén pola misma razón é, quizais, a menos intuitiva e pode que che leve un tempo familiarizarte
Porque o teu espazo de traballo telo que ti. Ao teu gusto e segundo o que precises.
Agora ben, cando o teñas… É unha marabilla.
Queres calendario? Táboas? Checklists? Telo.
Listas ocultas? Alertas? Emojis para facelo máis divertido? Tamén.
Podes subir vídeos, audios, enlaces, arquivos. Gardar tweets, ubicacións de google Maps… E tamén integralo con outras aplicacións, para telo todo xunto nunha soa.
É dicir, trátase de que configures o teu Notion para abrilo pola mañá e velo… Todo!
Que che parece isto que che contamos? Cres que estas ferramentas pódenche axudar a organizarte mellor e estirar as horas?
Agardamos que si. E, se non, pasa polo Viveiro de Empresas IES Cotarelo e botámosche un cable coa túa organización, que tenemos máis trucos gardados na manga.