Viveiro de
Empresas
IES COTARELO

Emprender rápido e cos cartos mínimos? É posible, se coñeces o método Lean Startup

Table de contenido

Canta xente coñeces que se queimou despois de fracasar co seu primeiro negocio? Se iso é o que te bota para atrás para emprender, interésache o que temos que contarche. Hai un xeito de emprender sen pór toda a carne no asador (e sen queimarse se a cosas non funciona). Estamos falando do método Lean Startup.

Interésache? Xa cho dicimos nós: sí, interésache moito. Así que non te descolgues e sigue lendo, que che imos contar unha historia. 

Como NON emprender (así o fan quen NON aplica Lean Startup)

A ver se isto che soa:

Unha persoa ten unha idea de negocio. Imos poñerlle nome: Romualdo.

Romualdo, un día, mentres está no WC (lugar onde está a inspiración, como todo o mundo sabe) ten unha idea. Brillante, iso ninguén o dubida. 

Un negocio que é im-po-si-ble que non funcione.

Romualdo emociónase coa súa idea e vense arriba. Cantas máis voltas lle dá, máis claro o ve. Pregunta os seus colegas e recibe palmadas nas costas (para iso son colegas, non?)

Claramente, o vento sopra a favor, así que decide tirarse á piscina.

Romualdo fai o seu plan de negocio nunha servilleta de bar e dáse a si mesmo a bendición e o pistoletazo de saída.

  • Aluga un local.
  • Acondiciónao: mesa, mostrador, ordenador, tpv para cobrar a toda a súa (futura) clientela.
  • Pide un préstamo, porque a conta sube máis do que pensaba.
  • Compra mercadoría.
  • Abre un perfil en Facebook e outro de Instagram (iso non era imprescindible tan cedo, pero mola e séntese xenial cando empeza a postear e que os colegas lle poñan likes).
  • Bota unha ollada a este post sobre axudas ao emprendemento a ver se pode acceder a algunha.
  • Dáse de alta como autónomo e fai o papeleo administrativo…

E listo!

Romualdo inaugura e abre ao público o seu negocio.

Pero, ayyyyyyy, algo non debeu calcular ben. Eses clientes que ían a chegar por oleadas, non chegan. Por algunha razón non viron que a idea de Romualdo era boísima e, simplemente, pasan de largo.

Como cres que acaba esta historia?

Romu bota o peche aos poucos meses. Gastou os seus aforros (se os tiña). Ten un préstamo que pagar e non pode plantexarse outro  negocio porque non pode endeudarse máis.

Aínda por riba, está desanimado e non quere nin pensar en emprender de novo. A ver se o contrata alguén ou prepara unhas opos, que é máis seguro.

Pinta mal, verdade?

Seguro que coñeces algún caso coma este e por iso emprender dáche moito respeto. Que che dea respeto está ben, pero temos que decirche que Romualdo cometeu moitos erros que ti podes evitar.

Por iso hoxe queremos amosarche un método que serviu para que miles de emprendedores cren a súa empresa sen pifiala tantísimo.

Falamos de Lean Startup?

Lean Startup, ou como emprender sen morrer no intento

Home, morrer é un pouco dramático de máis. Imos decir que con Lean Startup poden emprender sen arruinarte, sen desmoralizarte e aprendendo moito polo camiño.

De onde sae este método?

Moi brevemente: creouno un tal Erick Ries e explicouno nun libro que se publicou por primeira vez no 2011.

O título: O método Lean Startup. Orixinal, eh?

Se imos máis cara atrás, tamén ten que ver coas teorías de produción de Toyota, algo que se chama lean manufacturing (é que Toyota é unha referenza no mundo empresarial).

Contámosche isto sobre todo para que vexas que é un método máis que probado. Despois dunha década, podemos asegurarche que funciona.

Que grazas a este método creáronse moitas empresas.

Pero sobre todo… que serviu para evitar moitos batacazos. 

“E de que vai isto?”, estarás preguntando.

Deixa de comer as unllas, que aí imos.

Esta é a filosofía lean (resumidiña)

Se buscas lean no diccionario atoparás que lean significa algo como delgado, fraco, esbelto, magro…

Ímoscho traducir nós: lixeiriño.

Diso trata, de emprender lixeiriño.

Sabemos que moitos negocios fracasan, con iso hai que contar. O teu, polo tanto, tamén pode ser un fail total, porque desa estatística non libra ninguén.

A cuestión é emprender reducindo riscos e custos, de forma que, se sae mal, poidas erguerte rápido e seguir probando.

Tan doado como iso. Aí tes o básico da filosofía lean para principiantes.

De nada. Así somos de riquiños.

Claves para un plantexamento de negocio lean

Toca traballar, así que mans á obra.

1. Define ben a túa idea de negocio

Nesta fase trátase de que a túa brillante ocorrencia pase de ser unha palla mental a converterse nunha idea de negocio en condicións.

Así que ponte delante da pantalla en branco se es un ser dixital, ou colle papel e boli se es analóxico, e empeza a definir: 

  • Que vas ofrecer: describe o teu produto ou servizo.
  • Que necesidade vai cubrir: pensa no “oco” de mercado que queres ocupar.
  • Quen cho vai mercar: describe os teus potenciais clientes.
  • Quen é a túa competencia: analiza outros negocios similares ao teu.
  • Cal vai ser a túa diferenza: algo farás que engada valor e che diference, non? Bótalle imaxinación.

Se che axuda, podes botar un vistazo a como definir obxectivos SMART.

Cando o teñas, noraboa! Pódese mellora, pero podemos dicir que acabas de crear o teu primeiro plan de empresa.

2. Valida a túa proposta

Todo o que fixeches no punto anterior está só na túa cabeza. É importante que entendas isto porque aquí patinan moitos emprendedores.

A ti sóache xenial, pero o é de verdade? Tes que asegurarte, e o máis doado é preguntar.

A quen?

Esquece a familia e panda de colegas. Non os escoites. Agás excepcións, tenderán a dicirche o que queres oír. E iso non che interesa nada.

Interésache falar con quen poida ser futuro cliente e facerlle moitas preguntas. Así que lánzate sen medo.

Non é preciso que coñezas a todo o mundo, fai contactos. Se vas de bo rollo e pídeslles que te axuden respondendo unhas preguntas, a maioría faráo. Así que, plantéxalles:

  • Pagarías por este produto ou servizo? 
  • Por que si ou por que non?
  • Que mellorarías?
  • Que podería engadir para que che interesara máis?
  • Cal che parece o punto máis débil?

E, así, todo o que se che ocorra. Aproveita toda a información que recollas para pulir a túa proposta.

3. O Produto Mínimo Viable (PMV)

Esta é unha das claves do Lean Startup.

Cando valides a túa idea de negocio, o paso seguinte é crear un Produto Mínimo Viable, que é a expresión máis barata e máis rápida da túa idea. 

Ou sexa, un prototipo. Algo que poidas vender (si!, xa vas a saír ao campo) pero que che xere o mínimo gasto.

É algo que poidas desenvolver de xeito sinxelo, co xustiño, pero dabondo como para poder presentarllo aos teus clientes.

Isto, para que serve? Para testear o teu mercado, nin máis nin menos. 

Aquí o que che interesa non é gañar cartos, se non conseguir información. Así que selecciona un grupo e fai que proben o teu PMV. É de balde, pois que sexa, ou ponlle un prezo simbólico. Ti o que queres é o feedback, ou sexa, que che digan que lles pareceu.

4. Analiza resultados

Coa cabeza moi fría, saca conclusións de toda a información que recibiches despois de amosar o teu PMV.

Este punto é moi breve. Simplemente, analiza para validar definitivamente a túa idea ou facer cambios.

É posible que o teu PMV non ofreza os bos resultados que agardabas… pero tampouco tan malos como para tiralo ao lixo.

Se segues pensando que ten posibilidades, podes modificalo, crear un novo PMV, e repetir o proceso. 

Pode ser que precises máis dun intento.

5. Segue cara adiante ou… pivota!

Chega o momento de tomar decisións. 

O teu PMV obtivo bos resultados? Ben! Agora xa tes moitos máis datos que che fan pensar que de verdade pode funcionar. Non é 100% seguro (no mundo da empresa, nada o é) pero reduciches moito as posibilidades de fracaso.

E se non conseguiches validar a túa idea, pivota. Ou sexa, fai os cambios que consideres ou, directamente, vai a outra cousas. Todos os grandes empresarios pasaron por unha fase de ensaio-erro. É normal e non pasa nada. 

A vantaxe de telo feito co método Lean Startup é que non deixaches a pel nin te endeudaches ata as orellas. Lembra: lixeiriño.

E se precisas unha axudiña? Xa sabes que contas con nós.  Fainos unha visita polo viveiro de empresas IES Cotarelo e botámosche unha man. Queremos coñecer as túas ideas!

Comparte:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn